Poética musical
- Ígor Stravinski
- Ares Yebra, Javier trad.
Editorial: Alvarellos
ISBN: 978-84-18567-14-8
Any de publicació: 2021
Tipus: Llibre
Resum
Presentamos, traducidas por vez primeira ao galego e directamente desde os textos orixinais, a Poética musical en forma de seis leccións de Ígor Stravinski, as célebres conferencias pronunciadas polo xenial músico e compositor na Universidade de Harvard no curso 1939-40. Cando se cumpren 50 anos do seu pasamento (Oranienbaum, 1882- Nova York, 1971), un dos músicos máis relevantes do século XX é estudado a fondo e traducido polo tamén músico, investigador e doutor en Comunicación Javier Ares Yebra (Betanzos, 1983). O resultado é esta vibrante e inspiradísima Poética musical. Estas conferencias foran publicadas inicialmente en 1942 en lingua francesa, e deron lugar a varias edicións posteriores, empregadas por Javier Ares Yebra para a presente versión galega, na que tamén acudiu, entre outros, aos manuscritos do propio Stravinski, redactados en francés con pasaxes en ruso, o que engade un valor especial á presente tradución. Este volume inclúe así mesmo un revelador estudo introdutorio que explora a relación do compositor ruso coa cultura galega. En concreto, a súa amizade co lucense Xesús Bal y Gay e a súa influencia no betanceiro Carlos López García-Picos. No pensamento estético de Stravinski destaca a noción da arte como o contrario do caos. A Poética musical é un texto enormemente sedutor, unha delicia para calquera amante da música e das artes, e un goce de lectura.