Intervención socioeducativa para un uso seguro das redes sociais na adolescenciaAppDIXITOU
- R. González-Rodríguez 1
- C. Verde-Diego 1
- M. J. Vázquez 1
- P. Frieiro 1
- T. Fernández-Arias 1
- 1 Departamento de Análise e Intervención Psicosocioeducativa (campus de Ourense, Universidade de Vigo)
Editorial: Vicerreitoría do Campus de Ourense ; Universidade de Vigo
ISBN: 9788481589160
Año de publicación: 2021
Páginas: 57-82
Tipo: Capítulo de Libro
Resumen
O uso das novas tecnoloxías son xa parte esencial na vida diaria e supoñen un grande avance en todos os eidos, incluídos os procesos de aprendizaxe e o establecemento das relacións interpersoais. Non obstante, o mal uso ou o uso abusivo destas pode supor graves problemas, en especial para a poboación máis nova, e xerar difcultades no desenvolvemento emocional e no comportamento, problemas de atención, concentración, adicción, desordes do sono, obesidade etc. Neste traballo analízase o proceso de desenvolvemento dunha ferramenta socioeducativa para previr o mal uso das redes sociais da poboación adolescente, así como para promover un uso axeitado destas, que transcorreu en tres fases. Inicialmente identifcouse, a través dunha investigación, como usaban as redes sociais o alumnado de educación secundaria obrigatoria da provincia de Ourense. Os resultados manifestaron que a maioría do estudantado utilizaba dispositivos móbiles, que preferían usalos desde a casa, que o grao de adicción a redes sociais era medio, emáis frecuente entre as mozas ca entre os mozos. En segundo lugar, deseñouse unha ferramenta informática en formato de aplicación para o teléfono móbil –bautizada como AppDIXITOU– e destinada a previr un mal uso das novas tecnoloxías e a promover unha utilización axeitada delas, a través da gamifcación. Con esta aplicación,deseñada coa cooperación interdisciplinaria dun equipo de informática aplicada, preténdese que o alumnado tome conciencia dos riscos que pode comportar difundir datos persoais, interrelacionarse con persoas descoñecidas, crer todos os discursos e noticias que aparecen nas redes, redifundir mensaxes inapropiadas etc. Xa por último, os contidos, a adecuación e o formato de Dixitou foron avaliados por axentes expertos en adolescencia de diferentes contornas socioeducativas a través dun grupo de discusión. Os e as participantes valoraron positivamente a aplicación e ofreceron, ademais, suxestións de adaptabilidade do xogo para as distintas idades e situacións.