El estilo directo en españolverbos y construcciones en el discurso narrativo

  1. Rionegro, Noelia Estévez

Editorial: Servicio de Publicaciones = Servizo de Publicacións ; Universidad de Santiago de Compostela

ISBN: 9788418445088

Año de publicación: 2020

Tipo: Libro

Resumen

O libro trata o estilo directo como unha construción formada por dous membros, cada un dos cales pertence a falantes e momentos discursivos diferentes, nos que un retoma as palabras do outro e reprodúceas no seu discurso, preservando os trazos lingüísticos e deícticos orixinais. Non se discriminaron enunciados, á hora de realizar a seleción do corpus, en función do verbo introdutor e o seu valor semántico-sintáctico, senón que se atende a todos os predicados que se habilitan no discurso real da lingua en uso para introducir unha secuencia de cita directa mantendo os trazos e características desta construción. Os resultados permiten extraer algunhas conclusións que verifican a non correspondencia gramatical entre as construcións de estilo directo e as de estilo indirecto, cuxa conversión só é posible nos casos máis comúns e básicos da citación. As construcións de estilo directo son únicas gramaticalmente e non atopan correspondencia con ningún outro tipo de construción en español. A presente investigación seguiu unha dobre vía: a gramatical (a través da análise da semántica e a sintaxe dos verbos introdutores) e mais a discursiva (mediante a análise das construcións no seu contexto discursivo, que reflicte a influencia do tipo de discurso na configuración da cita), que conflúen nunha mesma hipótese: a integración discursiva das construcións, apoiada en certos principios da Construction Grammar aplicables ó estilo directo.