Participación pública en la gestión del aguaun análisis de los procesos participativos desarrollados sobre los planes hidrológicos de las cuencas gallegas

  1. Lema-Blanco, Isabel
  2. García Mira, Ricardo
Revista:
Administración & cidadanía: revista da Escola Galega de Administración Pública

ISSN: 1887-0279 1887-0287

Ano de publicación: 2013

Volume: 8

Número: 2

Páxinas: 9-24

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Administración & cidadanía: revista da Escola Galega de Administración Pública

Resumo

A Directiva Marco da auga (Directiva 2000/60/CE) é a norma básica que preside, desde o ano 2000, a xestión das augas da Unión Europea e supuxo, no momento da súa aprobación, un cambio de filosofía na tradicional xestión dos recursos hídricos. Dunha concepción “desenvolvista”, baseada no aproveitamento dos ríos para todo tipo de usos e demandas, pásase a unha visión “conservadora” cuxo obxectivo é a prevención, a conservación e a recuperación do bo estado ecolóxico das masas de auga así como o seu uso sostible. En segundo lugar, a Directiva Marco da auga (DMA) consagra a participación pública como un dos piares da nova política da auga. A DMA diferencia tres formas de participación pública: o acceso á información; a consulta pública en todas as fases do proceso de planificación; e, en terceiro lugar, a implicación activa no proceso de planificación. Galicia conta con dúas demarcacións hidrolóxicas diferentes: Galicia-Costa, que abrangue as concas internas galegas (cuxa xestión é competencia da Xunta de Galicia que exerce a través do organismo autónomo Augas de Galicia) e a Miño-Sil, integrada polas concas internacionais dos ríos Miño e Limia (competencia estatal que asume a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil). Este artigo analiza as experiencias de participación pública desenvolvidas por ambas as dúas administracións durante a última fase do proceso de planificación, correspondente coa elaboración, consulta pública e aprobación dos documentos definitivos dos plans hidrolóxicos de ambas as dúas concas. Analízanse os obxectivos da participación pública establecidos pola DMA así como os métodos e as actividades desenvolvidas en ambas as dúas demarcacións para promover a información, consulta e participación pública sobre os plans hidrolóxicos de Galicia-Costa e Miño-Sil.